IniciosociedadeAs críticas do PP de Viveiro: "É unha vergoña que a alcaldesa...

As críticas do PP de Viveiro: “É unha vergoña que a alcaldesa non trouxera unha gran orquestras para animar a verbena”

Critica ao gobrno local por ”castigar” sen orquestras aos veciños de Viveiro e a cantos visitantes se atopaban na cidade nos días en que se celebraron as festas.

Publicada o

- Advertisement -

“Non hai maneira de entender por que o goberno municipal non incluíu no programa das pasadas festas de Viveiro algunha verbena animada por algunha das orquestras que máis seguidores teñen nestes momentos en Galicia”. É a denuncia do portavoz popular de Viveiro, Óscar Rodríguez, fai contra a rexedora da localidade suliñando que así llelo trasladaron algúns veciños.

“No PP querémonos facer eco da queixa xeralizada entre os nosos veciños polo feito de que o Concello non contratara nin unha orquestra nas pasadas festas; é inaudita tal carencia no programada, cando as verbenas recobraron toda a súa puxanza, como se pode ver en moitos concellos de Galicia”, sinala nun comunicado.

Así, lembra que, “moitos dos nosos veciños, de todas as idades, pero especialmente os novos, saen de Viveiro en gran número para asistir a festas e verbenas nas que actúan as orquestras da súa preferencia”. Por iso, “é triste que non puideran disfrutar na súa cidade do espectáculo que son algunhas das moitas grandes orquestras que hai en Galicia”.

Óscar Rodríguez non entende que puido motivar ao goberno de Viveiro, en xeral, e a alcaldesa, en particular, a ”castigar” sen orquestras aos veciños de Viveiro e a cantos visitantes se atopaban na cidade nos días en que se celebraron as festas.

Rodríguez sinala que é “unha carencia especialmente chamativa”, polo feito de que no pasado mes de abril o Concello aportou 15.000 euros a unha asociación, de fóra de Viveiro, que trouxo á cidade unha orquestra e ademais puxo os servizos necesarios en casos así, entre eles, o de limpeza.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón en Ribadeo para o 22 de xuño

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting...