InicioOccidentalViveiroConvocadas sete prazas en Viveiro para prevención e defensa contra incendios

Convocadas sete prazas en Viveiro para prevención e defensa contra incendios

En ambos casos, a duración do contrato é de 3 meses e o proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso de méritos, de carácter aberto.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de hoxe, 13 de xullo de 2022, se publicaron os anuncios de dúas convocatorias para a selección de persoal laboral temporal mediante a modalidade de contrato laboral de duración determinada.

Estas dúas convocatorias están vinculadas a programas financiados con fondos europeos-Disposición Adicional quinta do Real Decreto-Lei 32/2021 (Modelo 406), ao amparo do convenio de colaboración subscrito entre a consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais.

A primeira destas convocatorias destínase á contratación de 3 condutores/as de motobomba. A segunda convocatoria é para a contratación de 1 xefe/a de brigada, 1 peón condutor/a e 3 peóns.

En ambos casos, a duración do contrato é de 3 meses e o proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso de méritos, de carácter aberto. O prazo para a presentación das solicitudes será de cinco días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP, rematando, polo tanto, o mércores 20 de xullo (incluído).

As bases xerais e específicas de ambos procesos están publicadas na páxina web do Concello de Viveiro (www.viveiro.es) e no taboleiro de anuncios dixital.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...