InicioOccidentalViveiroAberto o prazo para alugar a cantina do Parque Pernas Peón en...

Aberto o prazo para alugar a cantina do Parque Pernas Peón en Viveiro

A duración do contrato de arrendamento fíxase en 15 anos, establecéndose unha posibilidade de prórroga por un prazo máximo de 5 anos, por mutuo acordo entre as partes antes da finalización do prazo máximo inicial establecido.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro saca a licitación o contrato de arrendamento da Cantina do Parque Pernas Peón e informa que o prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 20 de xuño.

Estas instalacións de titularidade municipal poden destinarse a algunha das seguintes actividades: restaurante, bar ou cafetería. A duración do contrato de arrendamento fíxase en 15 anos, establecéndose unha posibilidade de prórroga por un prazo máximo de 5 anos, por mutuo acordo entre as partes antes da finalización do prazo máximo inicial establecido.

Os licitadores, para a presentación das súas ofertas, durante o prazo de presentación, poderán poñerse en contacto co servizo de contratación do Concello de Viveiro (teléfono 982560128), para a inspección e comprobación da edificación.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...