InicioOccidentalViveiroContinúan as actividades da rapazada viveirense en conmemoración das Letras Galegas ...

Continúan as actividades da rapazada viveirense en conmemoración das Letras Galegas 2022

Dende o Concello de Viveiro agradécese a implicación dos centros educativos, con quen seguirán colaborando nestas iniciativas culturais. Tamén trasladan o seu agradecemento aos artistas así como á propia rapazada, moi involucrada na actividade.

Publicada o

- Advertisement -

Na xornada de onte, o alumnado do IES Vilar Ponte e do IES María Sarmiento, gozaron do espectáculo de improvisación “Regueifas”, enmarcado no programa das Letras Galegas 2022.

A rapazada gozou dun espectáculo que mestura os versos e a risa, enxalzando o uso da lingua galega en todos os ámbitos. A mocidade implicouse no espectáculo, contribuíndo a manter unha tradición galega como son as regueifas.

Dende o Concello de Viveiro agradécese a implicación dos centros educativos, con quen seguirán colaborando nestas iniciativas culturais. Tamén trasladan o seu agradecemento aos artistas así como á propia rapazada, moi involucrada na actividade.

A próxima cita do programa será este venres 20 de maio, cun concerto de gaitas a cargo do Conservatorio de Música, ás 18:00 na Praza da Fontenova.

Na fin de semana, o sábado 21 acollerá un obradoiro de iniciación á pandeireta e baile tradicional, gratuíto e dirixido a nenos/as a partir de 5 anos. Ás 13:30, a Praza Maior recibe a actuación do grupo “Os do 21” do Vicedo.

O domingo 22 de maio a Biblioteca Municipal de Viveiro acolle un obradoiro de debuxar e ler textos de Florencio Delgado Gurriarán. Ese mesmo día, ás 13:00, será o concerto especial “Letras Galegas” da Coral Polifónica Alborada de Viveiro, na praza da Fontenova. A programación péchana os cantos da taberna a cargo de “Espera que vou mexar” ás 14:00.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...