InicioOccidentalViveiroAlumnado do Conservatorio de Viveiro asistiu ao Concurso Internacional de Piano en...

Alumnado do Conservatorio de Viveiro asistiu ao Concurso Internacional de Piano en Ferrol coa colaboración do Concello

“Para o concello, a promoción da música entre os nenos é unha prioridade, por iso quixemos colaborar con esta actividade, destacando unha vez máis o gran traballo que realiza o conservatorio”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, xunto co Conservatorio Profesional de Música, organizaron unha viaxe para acudir ao XXXIII Concurso Internacional de Piano de Ferrol.

Un total de 20 persoas, entre profesores/as e alumnos/as, convidados pola organización deste prestixioso evento, asistiron ao concerto no Auditorio Municipal de Ferrol, onde tivo lugar a Gran Final coa Orquestra Sinfónica de Galicia, a deliberación do xurado e a entrega de premios.

Este concurso é un dos máis antigos de España e se presentan candidatos tanto nacionais como internacionais. “Para o concello, a promoción da música entre os nenos é unha prioridade, por iso quixemos colaborar con esta actividade, destacando unha vez máis o gran traballo que realiza o conservatorio”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...