InicioOccidentalViveiroViveiro celebrará o Día da Poesía o vindeiro luns e agasallará ás...

Viveiro celebrará o Día da Poesía o vindeiro luns e agasallará ás persoas usuarias da biblioteca

Na biblioteca realizarase unha selección de poemarios dirixidos á mocidade e tamén aos adultos, para que aqueles lectores que desexen gozar da poesía poidan acceder a ela facilmente.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro súmase ás celebracións do Día da Poesía, que se conmemora o próximo luns 21 de marzo. Deste modo, a concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Viveiro agasallarán a todos os usuarios e usuarias da biblioteca cunha flor e un poema.

Ademais, na biblioteca realizarase unha selección de poemarios dirixidos á mocidade e tamén aos adultos, para que aqueles lectores que desexen gozar da poesía poidan acceder a ela facilmente.

Todas as persoas que retiren un libro na biblioteca durante a xornada do luns recibirán o agasallo mencionado ata finalizar existencias. Dende o Concello de Viveiro búscase impulsar a poesía entre a cidadanía, para que gocen con ela todos os días e, especialmente, o próximo luns.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...