InicioOccidentalViveiroO ciclo de conferencias "Maruja Mallo. Viveiro e vangarda do século XX"...

O ciclo de conferencias “Maruja Mallo. Viveiro e vangarda do século XX” celebrarase este domingo

“O ciclo de conferencias sobre Maruja Mallo é especial por dúas razóns. Dunha banda, reivindicamos o percorrido dunha artista nada en Viveiro; á vez que sacamos do esquecemento a figura das mulleres artistas”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presenta o ciclo de conferencias “Maruja Mallo. Viveiro e a vangarda do século XX”, que se celebrará este domingo, 13 de marzo, co obxectivo de enxalzar a figura da artista viveirense. A cita será no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 19:00 horas.

Este ciclo dá continuidade á programación do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado martes 8 de marzo. Neste senso, o Concello de Viveiro preparou un programa coa figura de Maruja Mallo como eixo central, co obxectivo de visibilizar ás mulleres artistas.

“O ciclo de conferencias sobre Maruja Mallo é especial por dúas razóns. Dunha banda, reivindicamos o percorrido dunha artista nada en Viveiro; á vez que sacamos do esquecemento a figura das mulleres artistas”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

O evento deste domingo contará co relatorio de José Luis Ferris, baixo o título “De Viveiro ao mundo. Maruja Mallo a gran vangardista europea”. Ferris é poeta, novelista e autor de diversos ensaios, ademais de gañador do premio da crítica da Comunidade Valenciana polo seu primeiro libro de poesía, Piélago. Ademais, este autor publicou o libro “Maruja Mallo. La gran transgresora del 27”, no ano 2004.

Tamén estará presente o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo, que é experto e biógrafo de Maruja Mallo. No seu caso, presentará a conferencia “Maruja Mallo, dende Viveiro ao Madrid Republicano”. Na súa obra sobre artista viveirense inclúese “Maruja Mallo, de prometedora pioneira a artista universal” (2010).

“As artes é un dos moitos campos con dificultades para as mulleres, con traxectorias como a de Maruja Mallo completamente agochadas. Por iso dende o Concello de Viveiro reivindicamos a visibilidade que merecen as mulleres en todos os eidos”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

O Concello de Viveiro agarda a continuidade no tempo desta iniciativa, co obxectivo de organizar futuras conferencias con expertos e expertas que traten a figura de Maruja Mallo. De feito, o próximo encontro será o 21 de abril, da man de Antón Reixa, quen falará sobre o seu documental “Maruja Mallo, mitad ángel, mitad marisco”.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...