InicioOccidentalViveiroVisita da alcaldesa de Viveiro ao futuro centro da Asociación de Saúde...

Visita da alcaldesa de Viveiro ao futuro centro da Asociación de Saúde Mental A Mariña

Dende o goberno municipal valórase moi positivamente a apertura deste novo centro, “ao que dende o concello se lle vai brindar o apoio necesario e colaboración económica para o importante labor que leva a cabo”, sostén a alcaldesa.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, visitou hoxe o centro que a asociación Salud Mental A Mariña vai abrir no concello. Durante a visita ás súas instalacións estivo acompañada pola directora técnica da asociación, María José Novoa.

Trátase dun centro destinado á rehabilitación psicosocial e laboral, no que se prevé ocupar de forma paulatina as vintes prazas asignadas.

Dende o goberno municipal valórase moi positivamente a apertura deste novo centro, “ao que dende o concello se lle vai brindar o apoio necesario e colaboración económica para o importante labor que leva a cabo”, sostén a alcaldesa.

Por parte do concello xa se ten coñecemento e constancia do gran traballo desenvolto tanto na residencia de Cervo, na que hai veciños e veciñas de Viveiro, como no resto de centros existentes na Mariña lucense, polo que resulta moi importante que nun concello como Viveiro, o de maior poboación da comarca, poida contar con estas instalacións.

 

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...