InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro reclama a posta en marcha da zona de...

O BNG de Viveiro reclama a posta en marcha da zona de Portochao como área de aloxamento para caravanas turísticas

A formación nacionalista presentara en xuño de 2021 esta moción "cunha gran acollida cos concelleiros do BNG, PSOE, Por Viveiro e grupo mixto votando a favor e co PP absténdose, sen ningún voto en contra".

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro enviou un comunicado no que lembra a proposta enviada ao Concello “hai case un ano” sobre a posibilidade de abrir unha área para caravanas e autocaravanas en Portochao. O motivo detrás da proposta era o aumento deste tipo de turismo como consecuencia da pandemia por COVID.

A proposta fora lanzada pola concelleira Míriam Bermúdez que sinala a zona de Portochao como perfecta para esta modalidade de viaxe por turismo “xa que ofrece natureza e tranquilidade, contando xa o lugar con auga corrente, acceso a rede eléctrica, recollida de lixo e alcantarillado, polo que o investimento sería mínimo e a balanza entre gasto/rendimento, dende logo, decántase polo segundo.”

Desde o BNG apuntan a necesidade de consolidar Viveiro como un lugar de referencia para o autocaravanismo ante a “pouca oferta existente” no termo municipal. Así, estiman que se podería levar adiante o proxecto sinalado “sumando un empuxe económico máis” para Viveiro.

A formación nacionalista presentara en xuño de 2021 esta moción “cunha gran acollida cos concelleiros do BNG, PSOE, Por Viveiro e grupo mixto votando a favor e co PP absténdose, sen ningún voto en contra”. Por iso, desde o BNG e ante a proximidade do tempo de verán e vacacións instan a levar adiante os acordos plenarios.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...