InicioOccidentalViveiroViveiro denuncia as "deficiencias e a situación insostible do centro de saúde"...

Viveiro denuncia as “deficiencias e a situación insostible do centro de saúde” da vila

O consistorio viveirense apoia as reivindicacións da Plataforma pola Sanidade Pública da Mariña que denunciou a falta de profesionais para atender á poboación de todo o concello.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, mantivo está mañá unha reunión con representantes da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Mariña, que foi solicitada para falar das deficiencias que se están a producir no centro de saúde de Viveiro.

“Hai tempo que se vén demandando unha mellora na atención e no servizo prestados no Centro de Saúde de Viveiro, pero nas últimas semanas a situación convertiuse en insostible”, afirma Loureiro.

As queixas recibidas ao respecto fan referencia á existencia dun único médico para atender, durante as vacacións, a unha poboación de máis de 15.000 habitantes; á falta de persoal; á atención teléfonica ou ao mal funcionamento do Punto de Atención Continuada (PAC), no que se presta atención aos veciños de Ourol, O Vicedo e Viveiro e que, ante esta situación, están acudindo directamente ao servizo de urxencias do Hospital de Burela.

Na reunión celebrada no día de hoxe valorouse a situación e as posibles actuacións a levar a cabo, tanto por parte do Concello de Viveiro como pola Plataforma, para que por parte da administración competente, a Consellería de Sanidade da Xunta, se tomen as medidas oportuna para solucionar a situación actual.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...