InicioOccidentalViveiroA alcaldesa de Viveiro pídelle á Xunta que convoque a mesa industrial...

A alcaldesa de Viveiro pídelle á Xunta que convoque a mesa industrial para salvar Vestas

"O peche da planta de Vestas en Chavín é un golpe duro", asegura.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, apremou este venres á Xunta de Galicia a que convoque unha mesa industrial para buscar unha “alternativa” a Vestas, sobre todo que se envorque “para que os traballadores non queden na rúa”.

Loureiro lembrou que os “traballadores chegaron a un acordo e a unha paz social”, coa multinacional danesa de aeroxeradores, a pesar do cal máis de 90 traballadores, dun persoal de 115, “van á rúa”, desde o un de xaneiro. “Esperamos que se convoque unha mesa industrial pronto para buscar unaalternativa aos traballadores que se van a quedar na rúa”, hareivindicado.

A alcaldesa de Viveiro pediu “a implicación das administracións públicas, da Xunta que busque esa alternativa para dar traballo aos despedidos e ofrecer un futuro non só para Viveiro, á pouca estabilidade industrial que nos quedaba, senón tamén á comarca da Mariña”.

María loureiro confesou que o peche da planta de Vestas en Chavín “é un golpe duro“. “Arrastramos o de Alcoa, a pandemia que tamén Viveiro foi do concellos máis afectados e agora Vestas que era da pouca estabilidade industrial que tiñamos”, lamentou.

Insiste en facer fincapé en que se trata “dun golpe duro, e por iso pedimos unha alternativa, para que Vestas se poida vender e que as administracións se impliquen”.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...