InicioOccidentalViveiroViveiro busca converterse nunha "Cidade Amiga da Infancia"

Viveiro busca converterse nunha “Cidade Amiga da Infancia”

A reunión telemática entre a concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde, cos responsables de UNICEF para abordar este tema será o próximo 22 de novembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello Viveiro sumarase este sábado, 20 de novembro, á celebración do Día Mundial da Infancia. Como mostra do seu apoio, Viveiro adhírese á iniciativa de UNICEF Galicia de iluminar un lugar emblemático de cor azul. No caso de Viveiro, a porta de Carlos V permanecerá iluminada na noite do venres ao sábado.

O Concello de Viveiro realiza, a través da seu departamento de Benestar Social, un importante labor de protección e promoción da infancia. Entre estas iniciativas, enmárcase a reunión telemática entre a concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde, cos responsables de UNICEF o próximo 22 de novembro.

Esta reunión busca avanzar no proceso de converter Viveiro en “Cidade Amiga da Infancia”, un recoñecemento que avala o seu compromiso co cumprimento dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, de acordo á Convención sobre os Dereitos do Neno.

Alén desta iniciativa, o Concello de Viveiro recorda que xa se realizaron dúas reunións do grupo de participación xuvenil. Dito grupo busca que sexan os propios rapaces os que trasladen á corporación municipal as súas opinións, necesidades e inquedanzas. A terceira reunión deste grupo realizarase o próximo 14 de decembro.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...