InicioOccidentalViveiroArrinca o Resurrection da pandemia... Volven a Viveiro os primeiros artistas internacionais...

Arrinca o Resurrection da pandemia… Volven a Viveiro os primeiros artistas internacionais do metal

Actuarán Kreator; While She Sleeps (único concerto en España); Eluveitie; Jinjer; Destruction e The Ocean, entre outros.

Publicada o

- Advertisement -

O festival Resurrection Fest 2021 celébrase este ano con formato reducido desde este xoves 26 ao sábado 28 de agosto.

Grazas ao Xacobeo 2021-22, á Deputación de Lugo e ao Concello de Viveiro, segundo destaca a organización, volverán a España tras a pandemia primeiros artistas internacionais do metal.

Será, explican, “un pequeno Resurrection Fest chamado Limited e de aforamento moi reducido para que se poida vivir de novo concertos dunha maneira segura tras estes anos de seca”.

Serán tres días de concertos, do 26 ao 28 de agosto, no recinto de sempre, o campo de fútbol de Celeiro. Baixo o abanico do Xacobeo e co cumprimento das medidas de seguridade e sanitarias pola pandemia, actuarán Kreator; While She Sleeps (único concerto en España); Eluveitie; Jinjer; Destruction e The Ocean, entre outros.

ÚLTIMAS

Rebaixan a 12 anos a pena para un home acusado de violar a unha muller en Burela

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home acusado...

Ribadeo avanza nas obras de abastecemento segundo se traslado á Mesa da Auga

As obras do abastecemento de Ribadeo marchan a bo ritmo. Así se puxo de...

O proxecto de saneamento de Barreiros entre os orzamentos aprobados polo Goberno para ACUAES

O Consello de Ministros autorizou unha nova modificación do convenio de xestión directa da...

Alfoz e Lourenzá preparan os seus respectivos actos para o 25 N

O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, organiza...