IniciosociedadeO Camiño do Norte chega a Austria: unha revista vai promocionar o...

O Camiño do Norte chega a Austria: unha revista vai promocionar o trazado

A Revista Autoturing austríaca dará a coñecer o percorrido logo das visitas guiadas a algúns dos puntos que atravesa como Ribadeo, Lourenzá, Mondoñedo, Viveiro, Sobrado dos Monxes ou Santiago de Compostela.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta organizou esta semana unha viaxe de familiarización en colaboración coa Oficina Española de Turismo (OET) en Viena para dar a coñecer o Camiño do Norte en Austria a través da Revista Autoturing, no marco do apoio de promoción á Raiffeisen Reisen, o touroperador máis importante do país austríaco.

O presstrip incluíu a visita a Galicia esta semana dun dos profesionais deste medio para divulgar a marca España Norte e o Camiño do Norte. Así, entre o luns e o martes, a visita incluíu varios dos puntos que percorre esta ruta xacobea, descubrindo o patrimonio e a natureza dos concellos de Ribadeo, Lourenzá, Mondoñedo, Viveiro, Vilalba, Sobrado dos Monxes e Lugo e rematando o mércores a viaxe en Santiago de Compostela. Entre o amplo programa de actividades, incluíronse visitas guiadas a atractivos turísticos como a illa Pancha, a Praia das Catedrais, o areal de Covas, a catedral de Mondoñedo ou Sargadelos, así como os cascos históricos de Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro.

O Camiño de Santiago estase a reactivar e no que vai de ano chegaron a Santiago máis de 66.500 peregrinos, máis de 12.400 só neste mes de agosto no que a media de Compostelas seladas cada día supera o milleiro. No caso do Camiño do Norte son máis de 3.000 peregrinos desde xaneiro, unha ruta declarada Patrimonio Mundial pola Unesco en xullo de 2015 xunto co Camiño Primitivo baixo o nome Os Camiños de Santiago do Norte Peninsular.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...