InicioDeportes"Os valores e o traballo de Adrián Ben son un orgullo para...

“Os valores e o traballo de Adrián Ben son un orgullo para todos e todas as lucenses”

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, transmitiu as súas felicitacións ao atleta viveirense polo seu diploma olímpico

Publicada o

- Advertisement -

Adrián Ben, o atleta viveirense que conseguiu o diploma olímpico na final dos 800 metros lisos nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020, recibiu as felicitacións do Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé. O mandatario provincial quixo transmitir os seus parabéns ao deportista lucense polo quinto posto, unha proba que, recordou, “tivo opcións de medalla e na que, ata o momento, non chegara ningún español”.

Ben quedou a 57 centésimas do bronce nunha carreira na que se mantivo co grupo nos primeiros 400 metros de marcaxe e na que foi quen de alcanzar posicións logo dun ataque na curva do 200.

Os valores e o traballo de Adrián Ben son un orgullo para todos e todas as lucenses, demostrando que os obxectivos marcados poden acadarse con esforzo constante”, destacou Tomé, quen ademais cualificou de “histórico” o logro do atleta viveirense. O Presidente da Deputación tamén lle transmitiu os seus parabéns “por este importantísimo triunfo” e desexoulle “que continúe acadando multitude de éxitos”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...