InicioOccidentalViveiroSegundo asalto ao cura e a unha casa parroquial en Viveiro en...

Segundo asalto ao cura e a unha casa parroquial en Viveiro en dous anos

A Policía busca a catro individuos que ataron e roubaron ao cura de Covas.

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional busca aos individuos que na madrugada do domingo ao luns amordazaron na cama ao cura de Covas no municipio de Viveiro para roubar na casa parroquial.

Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do domingo ao luns pasado na casa parroquial de Covas, onde entraron “catro ou cinco individuos”, explican as mesmas fontes policiais, xa que a vítima “non o ten claro”.

Os asaltantes sorprenderon ao cura cando durmía, inmobilizárono na cama e procederon a rexistrar a casa reitoral, indicaron as mesmas fontes policiais, que concretaron que levaron diñeiro que o sacerdote tiña na vivenda, ademais de recadación de doazóns recollidas na igrexa. Tras “varias horas” marcharon.

MODUS OPERANDI

A Policía Nacional, no marco das pescudas, procedeu a revisar outros asaltos co mesmo modus operandi en Galicia co fin de determinar se pode haber un grupo organizado que roube en casas parroquiais.

No entanto, ata a data detectaron un cun modus operandi similar tamén sucedido nunha poboación de Viveiro en xaneiro de 2019, cando varias persoas sorprenderon fóra da casa parroquial ao cura á primeira hora da noite, atárono e roubaron na vivenda. Por iso, con dous feitos en tres, catro anos non apuntan a un grupo organizado na Comunidade galega dedicado a estes asaltos.

Por tanto, axentes da comisaría de Viveiro seguen as pescudas para esclarecer este roubo en cásaa parroquia de Covas.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...