InicioOccidentalViveiro"Viveiro Sustentable"... Como aprender a comer ben e a coidar o medio...

“Viveiro Sustentable”… Como aprender a comer ben e a coidar o medio ambiente

O Concello de Viveiro está a desenvolver esta campaña en distintos centros escolares do concello.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro está levando a cabo unha iniciativa de sensibilización sobre o cambio climático e a defensa do medio ambiente baixo o proxecto “Viveiro Sustentable”. A primeira campaña desta iniciativa consistiu nun programa de compostaxe doméstica, na que están involucrados os centros educativos do municipio, que pretenden apoiar desta forma os seus programas de fomento de alimentación saudable.

Realizouse unha visita aos colexios e instituto participantes utilizando un vehículo sostible, un patinete eléctrico. Deste modo, o Concello de Viveiro quería minimizar a súa pegada ecolóxica para dar exemplo.

Primeiro visitaron o IES María Sarmiento, onde aproveitan o compost para facer xardineiras e plantar árbores. Logo visitaron o CEIP Plurilingüe de Covas, onde está preparando un programa de alimentación saludable. Tamén visitarion o CEIP Luis Tobio e o CEIP de Galdo onde teñen composteiros e hortos.

Tras as visitas aos centros educativos, o Concello de Viveiro realizou un vídeo que recolle as diferentes propostas do alumnado. A súa intención coa súa aposta pola compostaxe é permitir que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia nos propios fogares.

 

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...