InicioOccidentalViveiroSeguen as restricións na Mariña: a Xunta mantén a Viveiro e Xove...

Seguen as restricións na Mariña: a Xunta mantén a Viveiro e Xove en nivel medio

A partir do sábado non haberá concellos galegos no nivel máximo de restricións ou no nivel alto. No nivel medio estarán Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove.

Publicada o

- Advertisement -

Ningún concello de Galicia estará desde o vindeiro sábado no nivel máximo de restricións, nin sequera no alto, segundo anunciou este martes a Consellería de Sanidade tras a reunión do comité clínico que analiza a evolución da pandemia por coronavirus.

Así, o comité de expertos determinou que estea no nivel medio de restricións o municipio de Mos, que este luns pasara ao nivel alto, tras estar pechado perimetralmente. No nivel medio estarán tamén os municipios de Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove.

Ademais, segundo un comunicado de Sanidade, “o resto dos concellos galegos sitúanse en nivel medio baixo”, o que inclúe á Pobra do Caramiñal, municipio costeiro que este luns tamén pasara ao nivel alto tras estar un período pechado.

Todas estas medidas entrarán en vigor a medianoite do sábado, mentres que o comité volverase a reunir o vindeiro martes para analizar novamente a situación epidemiolóxica.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...