InicioCulturaO Resu prescinde do grupo cuxo vocalista contratou un sicario para matar...

O Resu prescinde do grupo cuxo vocalista contratou un sicario para matar a súa muller

Os organizadores anunciaron que retiran As I Lay Dying da vindeira edición do festival "ante a división xerada entre os asistentes"

Publicada o

- Advertisement -

O Resurrection Fest decidiu prescindir da banda As I Lay Dyingincluída no cartel da edición de 2019, despois da polémica suscitada polo seu vocalista, Tim Lambesis, que estivo no cárcere por contratar a un sicario para que asasinase á súa muller durante un proceso de separación.

Lambesis foi detido no 2013 por este motivo e condenado a seis anos de prisión en 2014. Finalmente, saíu do cárcere en decembro do 2016, con liberdade condicional.

De feito, organización do Resurrection Fest contratara para a edición de 2013 a As I Lay Dying, que finalmente cancelou todas as súas actuacións pola situación xudicial do seu cantante.

CRÍTICAS

Desde o anuncio das bandas contratadas, seguidores posicionáronse a favor e en contra da presenza do grupo no fío de Twitter e a través doutras canles.

 

Colectivos como o Observatorio da Mariña Pola Igualdade instaron á organización a quitar do cartel ao grupo.

Estamos #indignadas, non poden prevalecer os intereses económicos sobre a supervivencia das #mulleres. Ser un festival de referencia require moito máis que merchadising, aforos completos e promesas de espazos libres de violencias #machistas… Instamos ao RESURRECTION FEST a retirar do cartel a este grupo, ou cando menos, ao seu líder, e a formular unha política de contratación de bandas suxeita á promoción dos valores da #igualdade e, polo tanto, libre de maltratadores. #omachismomata

Ademais, mais de 1.200 persoas votaron nunha campaña en Change.org para pedir aos promotores que eliminasen a banda do cartel.

“MANTER A CONCORDIA”

Os organizadores do festival de hardcore e heavy metal de Viveiro resaltan nun escrito a súa postura “absolutamente condenatoria” da violencia de xénero e na crenza “da reinserción social e do dereito das persoas a rehabilitarse”.

Sen embargo, ante a “división xerada entre os asistentes, e co obxectivo de manter o ambiente de concordia reinante no festival”, os promotores decidiron non contar con As I Lay Dying no festival.

O CONCELLO APOIA A DECISIÓN

O Concello de Viveiro emitiu un comunicado no que asegura que está “totalmente de acordo coa retirar do cartel de este ano a unha banda na que o seu líder conta cunha condena por violencia machista“.

O goberno local asegura que “desde o primeiro momento puxémonos en contacto coa organización do Resurrection Fest para transmitirlle o noso desacordo coa contratación de As I Lay Dying”.

“Cremos na reinserción social pero neste caso, vendo que cada vez son máis as situacións de violencia contra as mulleres, debemos ter unha posición de total rexeitamento a este tipo de comportamentos”, conclúe o comunicado.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...