InicioM.ambiente e PatrimonioMariña Patrimonio convida a coñecer Viveiro da man do cronista

Mariña Patrimonio convida a coñecer Viveiro da man do cronista

O colectivo organiza unha visita á cidade do Landro e á súa contorna o día 13, na que contará coa presenza de Carlos Nuevo Cal

Publicada o

Mariña Patrimonio organiza un desprazamento a Viveiro o vindeiro sábado 13 de outubro, nunha visita na que os participantes poderán coñecer o patrimonio civil e relixioso da vila e dos seus arredores.
Os asistentes visitarán edificios como as igrexas de Santa María e San Francisco ou o casco histórico da cidade do Landro, así como a contorna de Chavín. A actividade contará coa presenza do cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal.

INSCRICIÓNS

A data límite para anotarse é o luns 8 de outubro. Os interesados en participar deben enviar un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com.
No e-mail indicarán o seu nome, se son socios ou non do colectivo (o custo oscila entre os tres euros e os 13 para non asociados) e se prefiren reservar o xantar. O prezo por facelo supón 15 euros máis.
O día 10, os inscritos recibirán un correo informándoos do programa final da actividade.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...