IniciosociedadeConta atrás para a nova sede da Seguridade Social en Viveiro

Conta atrás para a nova sede da Seguridade Social en Viveiro

O Concello concede a licenza de obra do edificio e o Goberno presentará o proxecto "nas próximas semanas"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acordou este luns a concesión da licenza de obra para a construción do Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS). A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, anunciou que o Executivo presentará novo proxecto “nas próximas semanas”.

O edificio situarase na avenida de Ramón Canosa, no barrio de Lodeiro, e aspira a solventar os problemas de espazo da actual sede, na casa do mar de Celeiro. O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ostenta un solar de case 1.500 metros cadrados na zona, que nos últimos anos se utilizou de forma itermitente como aparcadoiro.

o proxecto aspira a solventar o problema de espazo da actual ubicación, na casa do mar de celeiro

DÉCADAS DE DEMANDA

A construción dun novo edificio da Seguridade Social é unha demanda da sociedade viveirense que se remonta a finais do século pasado. Coa instalación da nova sede, a zona -ubicada á entrada da vila desde Celeiro- albergará boa parte das dotacións públicas de Viveiro, xa que tamén están situadas neste punto a Comisaría de Policía e o Servizo de Correos, ademais do centro de saúde.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...