InicioPolíticaO BNG de Viveiro propón declarar "non grata" á Manada

O BNG de Viveiro propón declarar “non grata” á Manada

Os nacionalistas piden á corporación viveirense que adopte o acordo para deixar claro "o rexeitamento aos agresores de todo o país"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro solicitará que se adopte no pleno un acordo para declarar persoas non gratas no concello a ‘La Manada‘. José Ángel Prenda Martínez, Alfonso Jesús Cabezuelo Entrena, Jesús Escudero Domínguez, Ángel Boza Florido e Antonio Manuel Guerrero Escudero son os cinco integrantes deste grupo. Audiencia Provincial de Iruña deixounos en liberdade provisional tras condenalos no pasado mes de abril por un delito de abuso sexual cometido a rapaza de 18 anos.

Os nacionalistas lembran que “as corporacións municipais son a expresión do mandato cidadá, e á marxe quedaríamos da sociedade se non recollemos o clamor da rúa ante esta inxusta resolución, que vai contra o 50% da poboación: as mulleres”. Polo tanto, fan esta proposta “para deixar claro o rexeitamento aos agresores en todo o país”. 

APOIO Á VÍTIMA

A moción contempla trasladar o acordo plenario á representación legal dos cinco condenados e tamén á da vítima, “para que coñeza o apoio real que ten”. O grupo municipal do BNG quere que tamén deste xeito “que saiban todas as vítimas anónimas que estamos con elas e que non nos doen menos”.

Podes ver a proposta aquí. A Manada, persoas non gratas

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...