IniciosociedadeUn seminario permanente reivindicará a figura de José Barro, impulsor do complexo...

Un seminario permanente reivindicará a figura de José Barro, impulsor do complexo de Chavín

O profesorado do automóbil tamén dedicará un programa de actividades para lembrar ao empresario ourensán Eduardo Barreiros, outro pioneiro do sector do automóbil

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) está a preparar un seminario permanente, para xuño, sobre o empresario Eduardo Barreiros, no ano no que se cumpre o centenario do seu nacemento. Ademais, organizará outro seminario, a finais de ano, sobre José Barro, coñecido empresario que impulsou o complexo de Chavín, en Viveiro.

Álvaro Doural, presidente de Apaga, anunciou que “a finais de xuño imos ter unha actividade novidosa, tendo en conta a celebración dos cen anos do nacemento de Eduardo Barreiros, importante empresario de Galicia afincado nos últimos anos en Cuba”.

Doural explicou que “estamos en contacto coa Fundación Barreiros, coa filla de Eduardo Barreiros. A idea é que sexa un seminario permanente de actividade ao longo do ano, cunha serie de reunións, por iso animo á xente que ten interese neste tema, en todo o que foi o mundo de Barreiros para o mundo do automóbil”.

O presidente de Apaga engadiu que “para rematar o ano, está previsto que tamén se aborde un tema que temos pendente e que por cuestións de tempo non puidemos facer, que é sobre José Barro. Váiselle dar un formato tamén de seminario permanente e estamos a traballar no tema”, precisou.

REFERENTE DA INDUSTRIALIZACIÓN NA MARIÑA

“Queremos dar a coñecer toda a información e todos os datos que fomos recabando deste importante empresario da Mariña, que eu creo que é unha icona importante á hora de valorar todo o proceso de industrialización da Mariña Lucense que, desgraciadamente, hoxe en día é pouco e o que hai está na situación que todos coñecemos”, concluíu.

FINS DE SEMANA TECNOLÓXICAS

Apaga ten programadas tamén varias fins de semana tecnolóxicas de abril a xuño. A primeira delas será este sábado, día 6, en Ribadeo, e versará sobre o diagnóstico de avarías en vehículos.

En maio está previsto que haxa dúas actividades, unha de caixas de cambios automática e outra de sistemas de control de información Passthur para diagnose de vehículos.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...