InicioOccidentalViveiroFinalizan as obras de mellora no parque empresarial de Landrove, Viveiro

Finalizan as obras de mellora no parque empresarial de Landrove, Viveiro

As actuacións inclúen a renovación de pavimentos, melloras na sinalización viaria, na drenaxe e nos elementos de seguridade do recinto empresarial.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa de que xa foron recepcionadas as obras de mellora das infraestruturas do parque empresarial de Landrove, unha vez rematados os traballos previstos neste espazo empresarial do municipio.

A actuación enmárcase na liña de axudas da Xunta de Galicia para a habilitación e mellora de infraestruturas en parques empresariais, a través da Consellería de Economía e Industria, e conta cun orzamento subvencionable de 118.308,20 euros.

O proxecto abrangue actuacións destinadas ao acondicionamento dos accesos e á conservación das infraestruturas comúns do recinto, co obxectivo de mellorar as condicións de circulación, accesibilidade e seguridade.

Entre os traballos realizados figura a reparación e renovación do firme de dous viais de acceso, mediante a aplicación de aglomerado asfáltico nun deles e a execución dun pavimento de formigón no outro. A intervención sobre estes accesos abrangue unha lonxitude aproximada de 332 metros.

As actuacións inclúen tamén a renovación da sinalización horizontal e vertical, a reparación do pavimento podotáctil nos pasos de peóns e a mellora da evacuación das augas pluviais mediante a ampliación da rede de sumidoiros e a colocación de elementos de drenaxe.

Ademais, o proxecto contempla a reposición e sinalización de elementos de protección contra incendios, así como a colocación de sistemas de suxeición para os colectores de residuos.

Os traballos desenvolvéronse no ámbito do parque empresarial de Landrove, situado nas parroquias de Landrove e Galdo, e contaron con financiamento da Xunta de Galicia, no marco das axudas destinadas á mellora das infraestruturas dos parques empresariais galegos.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...