InicioOccidentalViveiroEste martes comezan as obras na LU-862 en Covas

Este martes comezan as obras na LU-862 en Covas

Os traballos de renovación do pavimento iniciaranse na zona dos Castelos, en dirección á Misericordia, e prevese que se desenvolvan ao longo desta semana.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa de que mañá, martes 27 de outubro, está previsto que comecen en Covas os traballos de mellora e renovación do pavimento da estrada LU-862, incluídos no proxecto que está a executar a Xunta de Galicia ao seu paso polos núcleos de Viveiro, Covas e a entrada desde Celeiro.

As actuacións comezarán na zona dos Castelos, avanzando en dirección á Misericordia. Durante a execución dos traballos, o tráfico estará regulado mediante semáforos, permitindo a circulación alternativa de vehículos.

Para facilitar a mobilidade, recoméndase aos vehículos lixeiros que circulen en dirección a O Vicedo utilizar vías alternativas, como o paseo marítimo.

Ademais, a medida que avancen os traballos, será necesario liberar as zonas de estacionamento afectadas. O aparcamento estará prohibido nos tramos nos que se estea actuando, que se sinalizarán progresivamente.

A previsión é que os traballos de renovación do pavimento rematen ao longo desta mesma semana, sempre que as condicións permitan cumprir os prazos previstos. Posteriormente, procederase á reordenación dos aparcamentos e á actualización da sinalización.

Esta intervención forma parte do proxecto da Xunta de Galicia para a redución do ruído e da velocidade do tráfico en diferentes tramos urbanos da LU-862, adxudicado á empresa Ovisa Pavimentos y Obras S.L.U. por un importe de 638.922,35 euros.

Recoméndase ás persoas condutoras prestar atención á sinalización provisional e planificar os seus desprazamentos tendo en conta as posibles retencións.

ÚLTIMAS

Aprobada por unanimidade a nova ordenanza reguladora do servizo de taxis de Ribadeo

O Concello de Ribadeo aprobou por unanimidade no pleno ordinario celebrado onte a aprobación...

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...