InicioOccidentalViveiroMedalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

A sesión ordinaria celebrarase ás 19:30 horas e inclúe tamén asuntos relacionados co SAF, as subvencións nominativas ás comisións de festas e dúas mocións

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación no Salón de Sesións da Casa Consistorial.

Entre os asuntos da orde do día figura a proposta para a concesión da Medalla de Ouro da Moi Nobre e Moi Leal Cidade de Viveiro á Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro.

O Pleno abordará tamén a adhesión á Rede Mundial de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores e a prórroga do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Na parte resolutiva inclúese unha proposta de modificación orzamentaria relativa ao anexo de subvencións nominativas de 2026 para as comisións de festas, así como dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito e unha proposta sobre a compatibilidade con actividade privada para o nomeamento como funcionario interino no departamento de Urbanismo.

A sesión inclúe dúas mocións. A primeira, presentada polo Concello de Viveiro, propón instar á Vicepresidencia da Deputación de Lugo a incluír nos orzamentos de 2027 a renovación do céspede do campo de fútbol Marcos Gómez.

A segunda, presentada polo Grupo Municipal do BNG, propón a elaboración dun estudo sobre a situación do mercado residencial en Viveiro. A orde do día completarase coa dación de conta das resolucións da Alcaldía e o apartado de rogos e preguntas.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...