O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a partir das 12,00 horas), os primeiros 10.000 abonos con descontos para a súa edición de 2027. Esta promoción sae cando aínda non se coñece ningún dos grupos que actuará.
O festival de heavy e rock duro celebrarase do 30 de xuño ao 3 de xullo do próximo ano no municipio de Viveiro (Lugo).
O prezo será de 195 euros (gastos de xestión incluídos) para o abono normal e de 295 euros para o abono Pandemonium.
A compra só poderase facer na web oficial do festival (http://resurrectionfest.es). “Cada ano quedan decenas de persoas na porta do festival sen entrada, non podemos garantir que o que compredes en páxinas de terceiros sexan abonos reais ou mesmo copias doutras entradas doutra xente”, sinala o festival.
