InicioOccidentalViveiroViveiro convoca pleno ordinario para o 2 de setembro

Viveiro convoca pleno ordinario para o 2 de setembro

A sesión completarase coa parte de control, que incluirá a dación de conta das resolucións da Alcaldía e a quenda de rogos e preguntas.

Publicada o

- Advertisement -

O pleno ordinario do Concello de Viveiro celebrarase o vindeiro mércores 2 de setembro, ás 20:30 horas, no Salón de Sesións da Casa Consistorial, en primeira convocatoria.

Na parte resolutiva, a Corporación abordará a aprobación da acta da sesión celebrada o 4 de agosto e diferentes asuntos, entre eles a proposta de convenio coa UNED para a realización de prácticas universitarias, unha modificación orzamentaria relativa ao anexo de subvencións nominativas de 2026 e a proposta da Alcaldía para solicitar á Tesourería Xeral da Seguridade Social a adscrición gratuíta do edificio do antigo colexio Pedrosa Latas de Celeiro.

Na parte declarativa figuran dúas mocións: unha do grupo municipal do PSOE para impulsar a regulación do uso da pirotecnia no Concello de Viveiro e outra do grupo municipal do BNG para a elaboración dunha ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica.

A sesión completarase coa parte de control, que incluirá a dación de conta das resolucións da Alcaldía e a quenda de rogos e preguntas.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...