InicioOccidentalViveiroViveiro impulsa a creación dunha unidade de atención temperá xunto con Ourol...

Viveiro impulsa a creación dunha unidade de atención temperá xunto con Ourol e O Vicedo

A iniciativa permitirá achegar a atención temperá ás familias de Viveiro, Ourol e O Vicedo a través dun servizo compartido e coordinado coa Xunta de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro impulsa a creación dunha unidade de atención temperá compartida cos concellos de Ourol e O Vicedo, co obxectivo de achegar este servizo ás familias e evitar os desprazamentos a outros municipios. A proposta terá que ser refrendada polo Pleno municipal para poder avanzar na súa posta en marcha.

A iniciativa contempla a sinatura dun convenio entre os tres concellos, no que se establecerán as condicións de funcionamento da unidade e a distribución dos custos en función das horas de atención e do número de persoas usuarias de cada municipio.

A proposta responde ao incremento da demanda existente en Viveiro, que durante os últimos anos recorreu ao servizo de atención temperá de Burela. Desde o Concello consideran que o actual número de usuarios e usuarias permite avanzar na creación dunha unidade propia, compartida con Ourol e O Vicedo.

Mentres se completa este proceso, o servizo de Burela mantén o compromiso de continuar atendendo todos os nenos e nenas de Viveiro que xa están incorporados ao sistema, garantindo a continuidade da atención ata que a nova unidade estea implantada e en funcionamento.

A futura unidade non será atendida con persoal propio do Concello de Viveiro. A intención municipal é que a prestación se realice mediante xestión indirecta, polo que, unha vez resolta a convocatoria de axudas da Xunta de Galicia, e sempre que se obteña o financiamento necesario, procederase á licitación do servizo.

Os prazos previstos sitúan en aproximadamente seis meses o proceso necesario para avanzar na posta en marcha da unidade, desde a resolución da subvención ata a contratación e inicio efectivo da prestación.

A xestión administrativa e económica coordinarase desde Viveiro, en colaboración cos concellos de Ourol e O Vicedo e coa Xunta de Galicia, buscando establecer un modelo estable e adaptado ás necesidades das familias dos tres municipios.

Para facer posible a posta en marcha do servizo, o Concello de Viveiro prevé acollerse á orde de axudas da Consellería de Política Social e Igualdade do 22 de xullo de 2026.

A obtención desta subvención será fundamental para garantir a viabilidade económica da iniciativa, xa que os recursos propios dos concellos non permiten asumir por si sós o custo necesario para poñer en funcionamento a unidade.

Viveiro, Ourol e O Vicedo traballarán de maneira coordinada para acceder a este financiamento e determinar posteriormente a achega económica correspondente a cada municipio, tendo en conta o número de persoas usuarias e as horas de atención prestadas.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...