InicioOccidentalViveiroViveiro estrea un mercado de verán para reivindicar os produtos agroalimentarios galegos

Viveiro estrea un mercado de verán para reivindicar os produtos agroalimentarios galegos

Recoñécese o bo facer das persoas produtoras, radicadas maioritariamente en contornas rurais, "que co seu labor contribúen a manter a actividade económica, a fixar poboación e a crear oportunidades de emprego nestas zonas"

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, asistiu este venres ao Mercado de Verán que se celebra este fin de semana en Viveiro. Alí, reivindicou a aposta do Goberno autonómico por achegar á cidadanía a calidade diferenciada da produción agroalimentaria galega, levándoa directamente aos lugares nos que se atopan as persoas consumidoras.

Neste sentido, explicou que o obxectivo desta iniciativa é configurar estes mercados como unha experiencia que ofreza a oportunidade de coñecer e degustar estas elaboracións, á vez que a cidadanía aprende a identificar os produtos co territorio no que se orixinan que, asegurou, fainos singulares.

Ademais, incidiu en que estes espazos contribúen a favorecer unha relación directa entre produción e consumo. Segundo explicou, a presenza das persoas operadoras dálles a oportunidade de presentar os produtos, explicando a súa elaboración e as características que os fan únicos.

Gómez destacou que este tipo de iniciativas buscan tamén pór en valor os diferentes indicativos de calidade existentes en Galicia, conformados por un total de 36 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, aos que se engaden o distintivo de produción ecolóxica e o selo de Artesanía Alimentaria.

Ao mesmo tempo, recoñécese o bo facer das persoas produtoras, radicadas maioritariamente en contornas rurais, “que co seu labor contribúen a manter a actividade económica, a fixar poboación e a crear oportunidades de emprego nestas zonas”.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...