InicioOccidentalViveiroViveiro cortará a Travesía da Mariña temporalmente pola Festa da Xuventude

Viveiro cortará a Travesía da Mariña temporalmente pola Festa da Xuventude

Por outra parte, a XLII Feira de Artesanía de Viveiro reunirá unha trintena de postos nos Xardíns Noriega Varela

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa de que, con motivo da celebración da Festa da Xuventude, será necesario realizar un corte temporal ao tráfico na Travesía da Mariña, entre a Praza de Lugo e a Porta de Carlos V.

O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela.

Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.

O Concello agradece a comprensión da cidadanía polas molestias que este corte puntual poida ocasionar e anima a participar na Festa da Xuventude, unha cita que combina música, lecer e apoio ao deporte local.

XLII FEIRA DE ARTESANÍA DE VIVEIRO

O Concello de Viveiro inaugurará o vindeiro 7 de agosto, ás 17:30 horas, a XLII Feira de Artesanía de Viveiro, unha das citas máis consolidadas da programación estival, que permanecerá aberta ata o 16 de agosto nos Xardíns Noriega Varea. A feira abrirá diariamente en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:30 a 22:00 horas.

A feira reunirá unha trintena de postos de artesanía tradicional, nos que o público poderá coñecer e adquirir creacións de disciplinas como a cerámica, o téxtil, a madeira, a xoiería, a cosmética natural ou o vidro, da man de artesáns e artesás chegados de distintos puntos.

Como novidade, a programación contará tamén cun stand efémero, que irá cambiando ao longo dos diferentes días da feira para dar visibilidade a novos proxectos artesanais, enriquecendo así a oferta expositiva durante todo o evento.

Ademais, as persoas visitantes poderán desfrutar da exposición “La vida a tu lado tiene color”, da artista Miriam Viveiro, que completará a proposta cultural da feira.

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destaca que “a Feira de Artesanía é unha cita imprescindible do verán viveirense, que contribúe a dinamizar a cidade, apoia o traballo das persoas artesás e ofrece unha proposta cultural e comercial de gran atractivo para a veciñanza e para quen nos visita”.

O Concello de Viveiro anima á veciñanza e ás persoas que visiten a cidade durante o mes de agosto a achegarse aos Xardíns Noriega Varela para descubrir o traballo dos distintos artesáns e artesás participantes e desfrutar dunha das citas máis tradicionais da programación estival.

 

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...