InicioOccidentalViveiroO PSOE sinala que a Xunta mostra "falta de respecto" cara a...

O PSOE sinala que a Xunta mostra “falta de respecto” cara a Viveiro e pon como exemplo o investimento no Pastor Díaz

A portavoz socialista e exalcaldesa, María Loureiro, asegura que "esta é unha boa noticia para Viveiro e, por suposto, alegrámonos de que por fin chegue este investimento. O Teatro Pastor Díaz é un dos grandes referentes culturais da nosa cidade e sempre defendemos que merecía o apoio doutras administracións"

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo Municipal Socialista de Viveiro considera que o anuncio da Xunta de Galicia sobre o investimento no Teatro Pastor Díaz volve deixar en evidencia o trato discriminatorio que o Goberno galego mantivo durante anos co Concello de Viveiro mentres o Partido Socialista estaba á fronte do goberno municipal.

A portavoz socialista e exalcaldesa, María Loureiro, asegura que “esta é unha boa noticia para Viveiro e, por suposto, alegrámonos de que por fin chegue este investimento. O Teatro Pastor Díaz é un dos grandes referentes culturais da nosa cidade e sempre defendemos que merecía o apoio doutras administracións. O que non podemos esquecer é que durante os nosos gobernos todas as peticións de subvencións e investimentos para este edificio foron rexeitadas pola Xunta.”

Para Loureiro, “o anuncio do Teatro Pastor Díaz non é un feito illado. É un exemplo máis dunha forma de actuar que os veciños e veciñas de Viveiro sufriron durante anos. Todo aquilo que o Concello solicitaba á Xunta atopaba un ‘non’ por resposta.”

A portavoz socialista lembra que esa situación repetiuse en numerosos proxectos estratéxicos para o municipio. “Pasou co Teatro Pastor Díaz, pasou co Plan Xeral, que permaneceu bloqueado durante anos e agora foi axilizado; pasou co peirao, onde se nos negaban actuacións que hoxe si se anuncian; pasou co saneamento de Magazos e Landrove, o arranxo do Muelle de Viveiro; e tamén coa rotonda da Misericordia, para a que incluso deixamos preparado o proxecto e sempre se nos dicía que non había investimento.”

María Loureiro insiste en que “non nos estaban vetando a min nin ao Grupo Municipal Socialista. Estaban vetando ao Concello de Viveiro e, sobre todo, aos seus veciños e veciñas. Iso é o realmente grave. O tempo acabou demostrando que o problema nunca foron os proxectos, porque moitos deles son precisamente os que agora se están executando ou anunciando.”

A portavoz socialista lembra tamén que durante boa parte dese tempo a actual alcaldesa desempeñou responsabilidades na Xunta de Galicia como delegada territorial. “É evidente que Viveiro non recibiu o trato que merecía. Hoxe anúncianse actuacións que durante anos se nos negaron de maneira sistemática.”

Desde o Grupo Municipal Socialista subliñan que, a pesar de todo, sempre apoiarán calquera investimento beneficioso para Viveiro. “Nós queremos que a Viveiro lle vaia ben, esteamos gobernando ou esteamos na oposición. Nunca confundiremos os intereses do noso concello cos intereses partidistas.”

Loureiro contrapón esa forma de actuar coa que representa a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López Moreno, baseada na colaboración institucional con todos os concellos da provincia. “Como vén dicindo a presidenta, colaboramos cos 67 concellos da provincia sen importar a súa cor política; o único criterio é mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños e apoiar proxectos que xeran oportunidades para todo o territorio.”

“Nós mesmos temos hoxe a mellor proba. A Deputación e o Concello de Viveiro asinan hoxe o convenio para rehabilitar a antiga Pescadería cunha achega extraordinaria de 248.000 euros. Ese investimento chega porque é bo para Viveiro, non porque goberne un partido ou outro. Esa é a diferenza entre unha maneira de facer política e outra.”

María Loureiro conclúe asegurando que “poden apartarnos do goberno, pero nunca van conseguir que deixemos de defender os intereses de Viveiro. Nós sempre nos alegraremos de cada investimento que chegue ao noso concello. O que tamén faremos sempre será denunciar cando quede demostrado que durante anos a Xunta tratou a Viveiro de forma distinta simplemente porque gobernaba o Partido Socialista. Iso non foi un castigo para María Loureiro nin para o PSOE; foi un castigo para todos os veciños e veciñas de Viveiro.”

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...