InicioOccidentalViveiroViveiro traslada o mercado semanal aos Xardíns Noriega Varela durante agosto polas...

Viveiro traslada o mercado semanal aos Xardíns Noriega Varela durante agosto polas Festas Patronais

Así, os mercados correspondentes aos días 6, 11, 20 e 27 de agosto celebraranse nos Xardíns Noriega Varela, mantendo o seu horario habitual.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa de que, con motivo da instalación do palco das Festas Patronais de San Roque na Praza Maior, o mercado semanal cambiará temporalmente a súa localización durante o mes de agosto.

Así, os mercados correspondentes aos días 6, 11, 20 e 27 de agosto celebraranse nos Xardíns Noriega Varela, mantendo o seu horario habitual.

Ademais, debido á programación das Festas Patronais, o mercado previsto para o xoves 13 de agosto adiántase ao martes 11 de agosto.

O Concello agradece a comprensión tanto dos vendedores como da veciñanza ante este cambio puntual e anima á cidadanía a seguir apoiando o comercio de proximidade acudindo ao mercado na súa localización provisional.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...