InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro aconsella non acceder ao Paseo do Landro durante...

O Concello de Viveiro aconsella non acceder ao Paseo do Landro durante as obras por seguridade

O acceso á zona afectada permanece prohibido para garantir a seguridade das persoas durante a execución dos traballos de acondicionamento do carreiro fluvial

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro solicita á veciñanza e ás persoas visitantes que non accedan ao tramo do Paseo do Río Landro afectado polas obras de acondicionamento da senda, co fin de garantir a seguridade de todas as persoas mentres se desenvolven os traballos.

Segundo trasladou o Servizo Provincial de Costas en Lugo, responsable da actuación, nas últimas semanas detectáronse numerosos accesos ao interior da zona de obras por parte de persoas que continúan o seu percorrido a pesar de que o tramo permanece pechado, valado e debidamente sinalizado.

O Concello lembra que estas restricións responden exclusivamente a criterios de seguridade, xa que a presenza de persoas alleas á obra pode supoñer un risco tanto para a súa integridade física como para o correcto desenvolvemento dos traballos.

Por este motivo, faise un chamamento á responsabilidade cidadá para que se respecte a sinalización instalada e non se manipulen os elementos de peche, evitando acceder ao recinto mentres duren as obras.

O Concello de Viveiro agradece a colaboración e lembra que o cumprimento destas medidas é fundamental para previr posibles incidentes e permitir que a actuación poida executarse con todas as garantías.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...