InicioOccidentalViveiroA Vicepresidencia da Deputación participa na presentación dun libro sobre Moncho Reboiras...

A Vicepresidencia da Deputación participa na presentación dun libro sobre Moncho Reboiras en Viveiro

A publicación, coordinada por Suso Seixo, Rubén Cela e Roberto Vilameá, recolle unha biografía asinada polo historiador Uxío Breogán Diéguez Cequiel, unha vintena de artigos de persoas que compartiron militancia e ideario con Reboiras e mais unha reprodución das creacións artísticas realizadas para a exposición “Moncho Reboiras. Semente de Vencer”

Publicada o

- Advertisement -

A biblioteca municipal de Viveiro acolleu este xoves a presentación do libro “50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras 1975-2025”, editado no marco das actividades impulsadas pola Fundación Moncho Reboiras, a Fundación Galiza Sempre e a Fundación Terra e Tempo para homenaxear e dar a coñecer á sociedade galega a traxectoria militante e vital de Reboiras, asasinado pola policía franquista en Ferrol en agosto de 1975.

Na apertura do acto, a deputada de Cultura Iria Castro incidiu “na necesidade de abrir as institucións e os espazos públicos para figuras como a de Moncho Reboiras” e valorou “o traballo realizado polas institucións promotoras da publicación para avanzar na socialización e na dignificación da memoria de Moncho Reboiras, recoñecido oficialmente como vítima do franquismo en 2009”.

O acto contou coas intervencións de Francisco Luis R. Guerreiro, que fixo unha ampla referencia ao traballo de Moncho  Reboiras no ámbito cultural, sindical, político, agrario con eco na comarca da Mariña a través das asociacións Francisco Lanza de Ribadeo ou Sementeira de Viveiro ou nas mobilizacións contra a enerxía nuclear en Xove,  e de Francisco Rodríguez,  presidente da Fundación Terra e Tempo, que situou a figura de Moncho Reboiras no contexto dunha xeración que redescubriu o nacionalismo na segunda metade do século XX.

A publicación, coordinada por Suso Seixo, Rubén Cela e Roberto Vilameá, recolle unha biografía asinada polo historiador Uxío Breogán Diéguez Cequiel, unha vintena de artigos de persoas que compartiron militancia e ideario con Reboiras e mais unha reprodución das creacións artísticas realizadas para a exposición “Moncho Reboiras. Semente de Vencer”.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...