InicioOccidentalViveiroPresentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

Segundo trasladou a propia entidade, a acollida por parte das familias foi moi positiva, tanto pola dimensión musical do proxecto como polo ambiente de convivencia xerado arredor da Banda Xuvenil.

Publicada o

- Advertisement -

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda Xuvenil. Trátase dunha iniciativa coa que a entidade busca reforzar a base formativa e garantir a continuidade da formación de cara ao futuro.

A Banda Xuvenil concíbese como o primeiro paso para que nenos, nenas e mocidade se incorporen progresivamente á vida da Banda de Música O Landro. O proxecto procura transmitir coñecementos musicais, pero tamén valores como o compañeirismo, o compromiso, a responsabilidade, o respecto e o traballo en equipo.

Durante a presentación, tamén se puxo en valor a reunión mantida esta semana coas familias dos participantes, tanto dos nenos e nenas que xa forman parte da banda como das novas incorporacións. No encontro explicouse o funcionamento dos ensaios, o papel das familias, a importancia da asistencia e da constancia, e o coidado do material e das instalacións.

Segundo trasladou a propia entidade, a acollida por parte das familias foi moi positiva, tanto pola dimensión musical do proxecto como polo ambiente de convivencia xerado arredor da Banda Xuvenil.

A presentación permitiu tamén facer balance do obradoiro de construción de instrumentos musicais con material de refugallo celebrado en xuño. A enquisa realizada ás familias participantes acadou unha valoración media global de 4,98 sobre 5 e o 100 % das persoas que responderon recomendaría a actividade a outras familias.

O Concello de Viveiro destaca o traballo que desenvolve a Banda de Música O Landro para achegar a música ás novas xeracións e contribuír á dinamización cultural do municipio. A administración local agradece tamén a implicación das familias e da propia banda nun proxecto que reforza a educación musical, a convivencia e a participación da mocidade.

De cara ao mes de setembro, o Concello e a Banda de Música O Landro traballarán conxuntamente na promoción dun novo obradoiro, co obxectivo de dar continuidade ás actividades formativas e ampliar a participación.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...