InicioOccidentalViveiroViveiro abordará a cesión da Casa dos Mestres no pleno ordinario do...

Viveiro abordará a cesión da Casa dos Mestres no pleno ordinario do Concello

A sesión ordinaria celebrarase o mércores 8 de xuño, ás sete e media da tarde, no salón de sesións da Casa Consistorial

Publicada o

- Advertisement -

O Pleno da Corporación do Concello de Viveiro celebrará mañá unha sesión ordinaria ás 19.30 horas no Salón de Sesións da Casa Consistorial. A Corporación abordará a aprobación da acta da sesión celebrada o 3 de xuño, catro expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito, a modificación do orzamento relativa ao anexo de subvencións nominativas de 2026 e a aprobación da conta xeral correspondente ao exercicio 2025. Tamén se incluirá a proposta de cesión da Casa dos Mestres.

Ademais, o Pleno tratará unha moción do Grupo Municipal do BNG relativa ao peche de 36 camas no Hospital Público da Mariña, en Burela.

Por último, darase conta das resolucións da Alcaldía e da resolución de modificación das delegacións efectuadas na Xunta de Goberno Local, antes da quenda de rogos e preguntas.

 

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...