InicioOccidentalViveiroViveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello sinala que a autorización será gratuíta, pero que cada solicitante asumirá a responsabilidade sobre a actividade desenvolvida, así como sobre a custodia e correcta devolución do material prestado

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar autorización para celebrar comidas e ceas na rúa o vindeiro 11 de xullo, con motivo da Feira Renacentista 2026. As persoas interesadas dispoñerán dun formulario específico para solicitar tanto o uso de espazos de titularidade municipal como o préstamo de material.

Os formularios estarán á disposición das persoas interesadas no Rexistro municipal e na páxina web do Concello. No caso dos establecementos de hostalería que presenten a solicitude en representación do negocio, esta deberá tramitarse a través da administración electrónica con certificado de representante.

O Concello lembra que deberán presentar solicitude tanto os particulares como os establecementos hostaleiros que desexen organizar comidas ou ceas na rúa durante a Feira Renacentista. Esta obriga afecta tamén aos veciños e veciñas que non soliciten préstamo de material, así como aos locais de hostalería que vaian ofrecer as comidas nos espazos que xa teñen habilitados como terrazas, xa que en todos os casos é preciso solicitar o uso do espazo.

No que respecta ao material municipal, o préstamo de taboleiros, cabaletes e cadeiras estará reservado unicamente á veciñanza, polo que non se prestarán mesas nin cadeiras aos establecementos de hostalería. O formulario fixa un máximo de 35 taboleiros, 70 cabaletes e 250 cadeiras.

A concesión do préstamo de material e da cesión de uso dos espazos municipais realizarase por orde de rexistro de entrada das solicitudes e ata fin de dispoñibilidade. O Concello sinala ademais que a autorización será gratuíta, pero que cada solicitante asumirá a responsabilidade sobre a actividade desenvolvida, así como sobre a custodia e correcta devolución do material prestado.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...