InicioOccidentalViveiroViveiro celebra o seu pleno ordinario este mércores 3 de xuño

Viveiro celebra o seu pleno ordinario este mércores 3 de xuño

Nel abordaranse asuntos como as taxas dos matrimonios civís no Pazo da Misericordia e unha moción sobre a variante

Publicada o

- Advertisement -

O pleno ordinario de xuño do Concello de Viveiro celebrarase o mércores 3, ás 19.30 horas, no Salón de Sesións da Casa Consistorial. Na orde do día figuran temas de carácter organizativo e administrativo, ademais dunha moción sobre a variante de Viveiro.

Entre os puntos da parte resolutiva destaca a proposta da concelleira de Facenda para a modificación da ordenanza número 41, reguladora da taxa pola prestación de servizos municipais asociados á celebración de matrimonios civís no Pazo da Misericordia. A sesión abordará tamén a proposta de nomeamento dun representante na Comisión de Escolarización do Concello de Viveiro.

Na mesma parte da orde do día figuran ademais varios expedientes de cambio de titularidade ou renovacións de concesións do cemiterio municipal, xunto coa aprobación da acta da sesión plenaria celebrada o pasado 6 de maio.

Na parte declarativa, o pleno debaterá unha moción do Grupo Municipal do BNG en defensa da variante de Viveiro e da execución da vía de alta capacidade da Costa Norte.

A sesión completarase coa dación de conta das resolucións da Alcaldía e coa quenda de rogos e preguntas.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...