InicioOccidentalViveiroViveiro abre o prazo de inscrición para o Programa Corresponsables Campamento Urbano...

Viveiro abre o prazo de inscrición para o Programa Corresponsables Campamento Urbano de Verán 2026

O campamento está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2022 e desenvolverase de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.30 horas, con entrada flexible ata as 10.00 horas.

Publicada o

- Advertisement -

O prazo de inscrición no Programa Corresponsables Campamento Urbano de Verán 2026 abrirá o martes 2 de xuño. O último día para presentalas será o venres 12. A actividade desenvolverase entre o 6 de xullo e o 28 de agosto no CEP Lois Tobío.

As bases de selección e o modelo de solicitude estarán a disposición dos interesados no taboleiro de anuncios dixital, na páxina web municipal e nas dependencias do Concello. Os formularios poderán presentarse a través da sede electrónica, aínda que tamén se admitirán solicitudes de xeito presencial no Rexistro municipal, onde se facilitarán os impresos correspondentes.

O campamento está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2022 e desenvolverase de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.30 horas, con entrada flexible ata as 10.00 horas.

Ofrécense un total de 120 prazas, vinte máis ca o ano pasado, co obxectivo de ofrecer un espazo de lecer durante os meses de verán e, ao mesmo tempo, favorecer a conciliación familiar. Os interesados poderán optar por participar os dous meses completos ou por quincenas.

Terán preferencia no proceso de selección os nenos e nenas pertencentes a unidades familiares nas que ambos proxenitores estean traballando. No caso de que o número de solicitudes supere o de prazas dispoñibles por esta vía, realizarase un sorteo para a súa adxudicación.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...