InicioOccidentalViveiroViveiro celebrará o próximo pleno ordinario o 6 de maio

Viveiro celebrará o próximo pleno ordinario o 6 de maio

Será ás 19:30 da tarde

Publicada o

- Advertisement -

O pleno ordinario de maio do Concello de Viveiro celebrarase o mércores 6 de maio, ás 19.30 horas, no Salón de Sesións da Casa Consistorial. Na orde do día figuran temas de carácter organizativo, social e administrativo, así como varias mocións presentadas polos grupos municipais.

Carmen Mariño Caneiro tomará posesión do cargo de concelleira. A sesión abordará tamén varios expedientes de cambio de titularidade ou renovacións de concesións no cemiterio municipal, así como a proposta de convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Viveiro para o desenvolvemento do programa Xantar na Casa no municipio, e un convenio co CIUG.

Na parte declarativa do pleno incluiranse tres mocións: unha do Grupo Municipal do Partido Popular para a Praza de Abastos, outra do Grupo Municipal Socialista para a concesión da Medalla de Ouro do Concello de Viveiro á Semana Santa de Viveiro e unha terceira do Grupo Municipal do BNG para o acondicionamento da área recreativa de Portochao.

Na parte de control, darase conta das resolucións da Alcaldía, do informe resumo anual sobre o control interno, do informe de información económica, estabilidade orzamentaria, período medio de pago e morosidade correspondente ao primeiro trimestre de 2026, así como do informe previsto no artigo 218 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. A sesión rematará coa quenda de rogos e preguntas.

A documentación correspondente aos asuntos incluídos na orde do día atópase á disposición dos membros da corporación na Secretaría Municipal e nos expedientes administrativos habilitados para a sesión.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...