InicioOccidentalViveiroIGE realizará en Viveiro a Enquisa Estrutural de Fogares

IGE realizará en Viveiro a Enquisa Estrutural de Fogares

Publicada o

- Advertisement -

O Instituto Galego de Estatística realizará nas vindeiras semanas en Viveiro a Enquisa Estrutural a Fogares, unha investigación oficial dirixida a coñecer mellor as condicións de vida das familias galegas. A enquisa recollerá información relacionada con aspectos como o nivel de estudos, os ingresos, os gastos do fogar e outras cuestións vinculadas á realidade social e económica das familias. As vivendas seleccionadas para participar recibirán unha carta do Instituto Galego de Estatística na que se explicará o obxectivo da enquisa e as distintas formas de responder.

As visitas para realizar esta enquisa desenvolveranse entre o 20 de abril e o 17 de maio e serán efectuadas por persoal enquisador debidamente acreditado. O Instituto Galego de Estatística lembra, ademais, que toda a información recollida será estritamente confidencial e estará protexida polo segredo estatístico.

Para resolver calquera dúbida, os interesados poden contactar directamente co Instituto Galego de Estatística no teléfono gratuíto 900 102 104, de 9.00 a 14.00 horas. Tamén poden dirixirse á responsable da actividade, María Esther López Vizcaíno, no teléfono 981 541 390.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...