InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro renova o grupo municipal de cara ás municipais...

O BNG de Viveiro renova o grupo municipal de cara ás municipais de 2027

Carmen Mariño Caneiro colle o relevo na formación nacionalista, para substituír a Juan Ramón Martínez Castro.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro completa o proceso de renovación do grupo municipal de cara ás eleccións municipais de 2027. Carmen Mariño Caneiro colle o relevo na formación nacionalista, para substituír a Juan Ramón Martínez Castro.

Carmen Mariño é graduada en Relacións Laborais e veciña de Magazos. A asemblea local do BNG en Viveiro defínea como “unha muller comprometida, con capacidade técnica de xestión e cunha grande solvencia para impulsar o proxecto nacionalista”.

Mariño asumirá a acta de concelleira tras a renuncia de Juan Ramón Martínez Castro, quen, por motivos persoais, precisa neste momento deixar o cargo público. «Continuarei na política municipal apoiando o proxecto do BNG. Dou este paso satisfeito polo traballo realizado e seguirei colaborando coa agrupación local. Confío no proxecto político do BNG para Viveiro e o meu compromiso coa organización mantense firme», sinala.

A asemblea local do BNG expresou o seu apoio á decisión e trasladoulle o seu agradecemento polo labor desenvolvido. A súa portavoz, Iria Cotelo, pon en valor a traxectoria de Martínez Castro, destacando a súa proximidade coa veciñanza, así como o seu compromiso e dedicación á fronte da área de Medio Rural durante o goberno bipartito.

«Durante este mandato, Churiño —como lle chamamos— conseguiu converterse nun referente nas parroquias, especialmente no rural, sendo a persoa á que veciños e veciñas seguen recorrendo cando precisan algo. Sinto orgullo do tempo que compartimos como concelleiros e de poder seguir contando coa súa colaboración desde fóra da institución», engadiu Cotelo.

A portavoz concluíu manifestando que «Carmen Mariño Caneiro é unha incorporación moi valiosa para o grupo municipal, que reforzará o traballo que estamos a desenvolver en Viveiro e contribuirá a seguir facendo medrar o proxecto do BNG no concello».

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...