InicioOccidentalViveiroViveiro dá a coñecer as zonas de estacionamento para a Semana Santa

Viveiro dá a coñecer as zonas de estacionamento para a Semana Santa

O dispositivo propón tres áreas principais de aparcamento nas entradas á vila co obxectivo de reducir retencións e mellorar a mobilidade

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa das zonas de estacionamento previstas para facilitar os accesos á vila durante a Semana Santa, un período no que se agarda unha elevada afluencia de visitantes. O obxectivo desta distribución é contribuír a unha mobilidade máis fluída e evitar retencións nos principais puntos de entrada á cidade.

Para os vehículos que accedan desde Xove, o Concello sinala como principais espazos de aparcamento a nave de redes, en Celeiro, o estacionamento da piscina municipal, o porto deportivo de Viveiro, a zona do Casino e o peirao de Viveiro.

No caso das persoas que cheguen desde O Vicedo, as zonas indicadas son a contorna dos colexios, o pavillón municipal e o Paseo Martín Ledesma. Para quen entre na vila desde Ourol, proponse como opcións de estacionamento a zona de Verxeles, na contorna da estación do tren e da ITV, a zona da Variante e o aparcamento subterráneo da avenida Navia Castrillón.

Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza e aos visitantes a ter en conta esta distribución para favorecer unha circulación máis ordenada durante os días centrais da Semana Santa, celebración de gran tradición histórica na vila e recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...