InicioOccidentalViveiroViveiro abrirá de xeito excepcional aseos públicos no Día das Tortillas

Viveiro abrirá de xeito excepcional aseos públicos no Día das Tortillas

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo da celebración do Día das Tortillas o domingo 22 de marzo, o Concello de Viveiro informa de que, durante a xornada, permanecerán abertos de xeito excepcional os aseos públicos da praia de Area e da área recreativa de San Roque. Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón.

O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes.

Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as normas básicas de convivencia para contribuír ao bo desenvolvemento desta cita festiva.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...