InicioOccidentalViveiroA Feira de Maulas garante a súa continuidade ao asumir a organización...

A Feira de Maulas garante a súa continuidade ao asumir a organización o Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que o mercado semanal que se celebra cada xoves na Praza Maior se trasladará temporalmente aos xardíns Noriega Varela desde o 12 de marzo ata o 9 de abril, ambos os dous días incluídos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro asumirá este ano a organización da Feira das Maulas coa vontade de garantir a continuidade dunha celebración de fonda tradición popular no municipio e especialmente vencellada á parroquia de Galdo.

A Feira das Maulas celebrarase o segundo domingo do mes de maio e constitúe unha das citas máis recoñecibles do calendario festivo e gandeiro de Viveiro. Trátase dunha feira con máis de 300 anos de historia, que é considerada unha das máis antigas da súa tipoloxía en Galicia e un referente na Mariña.

Nos últimos anos, a organización da feira correu a cargo de varios colectivos da parroquia e do municipio, o que permitiu manter viva a celebración. Agora, o Concello dá un paso adiante para asegurar a súa continuidade e preservar unha cita que forma parte da memoria colectiva de Galdo e de Viveiro.

Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, sinala que «a Feira das Maulas é unha das celebracións máis antigas e singulares das nosas parroquias, e o Concello ten a responsabilidade de implicarse para garantir que siga formando parte do calendario festivo e tradicional de Viveiro». A rexedora engade que «falamos dunha cita con valor histórico, social e tamén de identidade, que merece continuar e seguir sendo un punto de encontro para a veciñanza e para todas as persoas que cada ano se achegan a Galdo».

O Concello de Viveiro irá dando a coñecer máis información sobre a edición deste ano nas vindeiras semanas, coa intención de manter o carácter tradicional da feira e reforzar a súa proxección dentro e fóra do municipio.

CAMBIOS NO MERCADO SEMANAL

O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que o mercado semanal que se celebra cada xoves na Praza Maior se trasladará temporalmente aos xardíns Noriega Varela desde o 12 de marzo ata o 9 de abril, ambos os dous días incluídos.

O cambio de localización débese ao inicio dos traballos de mellora e arranxo do pavimento da Praza Maior e das rúas empedradas do casco histórico, actuacións que o Concello ten previsto comezar o luns e que se prolongarán durante varias semanas.

O pavimento desta zona do casco histórico presenta un estado de deterioración acusado, en boa medida como consecuencia do paso continuado de camións e vehículos pesados. Por iso, resulta necesario acometer con carácter de urxencia traballos de mantemento e reparación.

O Concello agradece a comprensión da veciñanza e dos usuarios do mercado ante este traslado provisional, adoptado para garantir o desenvolvemento das obras e preservar a seguridade na zona afectada.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...