InicioOccidentalViveiroViveiro recórdalle á veciñanza a obriga de xestionar a biomasa antes do...

Viveiro recórdalle á veciñanza a obriga de xestionar a biomasa antes do 31 de maio

A limpeza das franxas de protección e a retirada de especies prohibidas debe concluír antes desa data para previr incendios forestais

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro lembra que as persoas responsables están obrigadas a xestionar a biomasa vexetal existente nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa, así como a retirar as especies arbóreas prohibidas incluídas na normativa vixente. Esta obriga afecta á franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como á contorna de edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras, parques, instalacións industriais e construcións illadas situadas a menos de 400 metros do monte.

Entre as especies que deben ser retiradas figuran, a modo de exemplo, piñeiros, eucaliptos, acacias, mimosas, carqueixa, xestas, piornos, fentos, silvas e toxos; de acordo co establecido na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

O Concello subliña que a xestión da biomasa deberá estar concluída antes de rematar o mes de maio de cada ano. A partir desa data, ás persoas que incumpran esta obriga enviaráselles unha comunicación concedendo un prazo máximo de 15 días naturais para executala, ou de tres meses no caso das franxas laterais das vías de comunicación.

En caso de incumprimento, o bando advirte de que se poderá proceder á imposición de multas coercitivas reiteradas cada tres meses, á execución subsidiaria con repercusión dos custes, ao inicio do expediente sancionador correspondente e, nos casos máis graves, á imposición de sancións que poden chegar ata 1.000.000 de euros. Ademais, lémbrase que o incumprimento destas obrigas pode implicar tamén a expropiación forzosa por interese social nos termos previstos pola lei.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...