InicioOccidentalViveiroDous CEIP do Concello de Viveiro reciben investimentos por máis de 700.000...

Dous CEIP do Concello de Viveiro reciben investimentos por máis de 700.000 euros

Varios centros educativos da Mariña recibiron investimentos para melloras nas súas estruturas

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Educación, Ciencia, Univesidades e FP destinou 700.300 euros á mellora das instalacións do CEIP de Celeiro e do CEIP Santa Rita, situado en Galdo, no concello de Viveiro.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou hoxe ambos centros de educación Infantil e Primaria para comprobar o resultado das obras, adxudicadas no mes de xuño e executadas nos últimos meses.

No CEIP de Celeiro, os traballos enfocáronse a optimizar o illamento e a eficiencia enerxética do edificio. As actuacións máis destacadas foron a substitución das carpinterías exteriores por outras con perfís de aluminio provistos con rotura de ponte térmica, a renovación da cuberta das dúas galerías, e a instalación de falso teito e luminarias tipo LED en varios espazos. Ademais procedeuse á reforma completa dun cuarto de baño da planta baixa, que se adaptou para o uso de alumnado con necesidades específicas. O investimento total das melloras rondou os 301.600 euros.

No que respecta ao CEIP Santa Rita, tamén se instalaron novas carpinterías exteriores. Ademais, fíxose unha reestruturación na zona de Infantil que permitiu incrementar a superficie das tres aulas deste nivel. Igualmente, renovouse a iluminación en varios espazos; e cambiáronse a totalidade das portas de paso. Así mesmo, mudouse o falso teito da pérgola de acceso para solucionar os problemas de humidade que presentaba. O orzamento ascendeu a 398.700 euros.

Arias salientou que estas obras acometéronse no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, que contempla grandes investimentos nas infraestruturas educativas da provincia de Lugo.

No caso da Mariña, entre as principais actuacións en marcha ou recentemente rematadas, tamén figuran o cambio da cuberta do edificio principal do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo (453.600 euros); a substitución da cuberta e reforma interior da antiga vivenda do conserxe do CIFP Porta da Auga de Ribadeo (120.800 euros) e o peche perimetral do CEIP Gregorio Sanz neste mesmo concello (326.600 euros); ou a instalación dun ascensor no CEIP Fondo Nois de Foz (82.100 euros).

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...