- Advertisement -
O Concello de Viveiro organizará o sábado 7 de marzo unha comida con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros.
O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
