InicioPolíticaO Concello de Viveiro pide que os colectivos comuniquen con antelación a...

O Concello de Viveiro pide que os colectivos comuniquen con antelación a programación anual

A petición vai dirixida a asociacións, clubes deportivos, comisións de festas e demais entidades co fin de ordenar o calendario de eventos e planificar os recursos municipais

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro solicita ás asociacións, clubes deportivos, comisións de festas e demais entidades do municipio que trasladen ao Concello nas vindeiras semanas a relación de actividades e eventos que teñen previsto organizar ao longo do ano. Tamén solicitan que se comuniquen as necesidades que, para a súa celebración, prevén solicitar á administración local.

Esas necesidades inclúen, entre outras, o uso de espazos municipais, a reserva de instalacións, o préstamo de material, a coordinación de loxística e servizos, ou calquera outra colaboración que dependa do Concello de Viveiro.

O obxectivo desta recollida de información é poder coñecer con tempo suficiente o calendario de eventos previstos e facilitar unha planificación máis eficiente. Deste xeito, preténdese evitar a coincidencia de varias actividades nas mesmas datas e mellorar a xestión dos recursos municipais dispoñibles para garantir unha mellor coordinación e unha resposta máis áxil ás solicitudes.

O Concello agradece de antemán a colaboración das entidades e anima a que comuniquen a súa programación anual tan pronto como lles sexa posible para contribuír a unha organización máis ordenada e eficaz da axenda cultural, deportiva e festiva do municipio.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...